09.08.26
Preparados para unha 6ª edición apaixonante!
Desde os seus infinitos perfís e os inmensos vales das montañas lucenses de Os Ancares, unha das paisaxes máis fermosas, salvaxes e illadas de Galicia, en 2026 estamos preparados para gozar dunha nova edición da Ancares Cycling Marathon.
Esta proba naceu en 2021 co obxectivo de consolidarse como o Gran Fondo de alta montaña de referencia en Galicia, así como de apostar polo ciclismo de interior, promover e dar a coñecer esta zona a través dun deporte que encaixa á perfección nas súas estradas infinitas e no necesario coidado do medio ambiente. Despois dunha exitosa primeira edición, na que máis de 500 corredores afrontaron o esixente percorrido presentado pola organización, en 2025 propuxemos dúas novas opcións de ruta con todos os portos inéditos (agás o alto do O Cebreiro), establecendo un récord de participación con 545 ciclistas.
Para esta edición de 2026, grazas á grandeza de Os Ancares, volvemos apostar por dúas opcións de rutas totalmente renovadas, ofrecendo de novo unha segunda edición consecutiva con todos os portos inéditos, agás a chegada ao O Cebreiro, para amosarvos a inmensidade desta serra. Facendo dous trazados que destacan pola beleza das excelentes vistas desde os portos, polas zonas de rodar entre eles, sendo para nós unha das edicións cos percorridos máis fermosos, co colofón da subida a un impoñente e descoñecido Alto Miradoiro de Ancares.











