A proba

Ancares Cycling Marathon naceu en 2021 como un gran fondo de carácter popular que se desenvolve no corazón do Parque Natural dos Ancares (Lugo), unha área de recursos paisaxísticos e culturais de relevancia a nivel nacional, cargada de lendas, tradicións únicas e valores ambientais.

Os Ancares, lonxe do estereotipo de montaña turística, ofrecen unha contorna auténtica, natural, illado e máxico no que desenvolver este deporte a través das súas infinitas e solitarias estradas.

O próximo 6 de agosto disputarase a terceira edición Ancares Cycling Marathon, unha proba que en 2021 xuntou a varios centenares de afeccionados ao ciclismo, que descubriron o que para moitos deles era un terreo descoñecido. Ademais, apoiar a práctica do ciclismo e converterse no gran fondo de alta montaña de referencia en Galicia, son outros dous dos obxectivos cos que nace o evento.

Este proxecto non podería existir sen a implicación da área de Deportes da Deputación de Lugo, que aposta por un camiño no que deporte e turismo responsable camiñan da man. Así mesmo, nace da unión de forzas do Clube Ciclista Cidade de Lugo, organizador do coñecido Desafío Volta a Lugo, e da empresa EME Sports, que achega a súa experiencia en eventos de gran envergadura neste ámbito, como o popular Gran Fondo Ézaro (que cada ano reúne na Costa da Morte a un pelotón multitudinario e internacional) ou a volta ciclista profesional O Gran Camiño, todo un éxito na súas dúas primeiras ediciones.

Scroll to Top