O percorrido
O percorrido
¡NOVO PERCORRIDO!
Para esta edición 2026, grazas á grandeza de Os Ancares volvemos apostar por dúas opcións de rutas totalmente renovadas, ofrecendo de novo unha segunda edición consecutiva con todos os portos inéditos para amosarvos a inmensidade desta Serra, a excepción da chegada a O Cebreiro. Dous trazados que destacan pola beleza das excelentes vistas dos portos e polas zonas de rodaxe entre eles, sendo para nós unha das edicións cos trazados máis fermosos, co colofón da subida a un impoñente e descoñecido Alto Mirador de Ancares.
Aqueles de vós que vaiades facer o percorrido da Ancares Cycling Marathon 26, ou tedes pensado facela, debedes saber que o tramo do Mirador de Ancares está pendente de reparacións do asfalto. Cando estea rematado avisaremos! Para o 9 de Agosto estará listo!
