Warning: Constant WP_SITEURL already defined in /homepages/16/d906325503/htdocs/clickandbuilds/WordPress/MyCMS2/wp-content/plugins/ionos-sso/inc/DisableUrlChange.php on line 19

Warning: Constant WP_HOME already defined in /homepages/16/d906325503/htdocs/clickandbuilds/WordPress/MyCMS2/wp-content/plugins/ionos-sso/inc/DisableUrlChange.php on line 20
A contorna - Ancares Cycling Marathon

A contorna

Ancares necesita ciclismo e o ciclismo necesita Ancares. Se tivésemos que elixir un enclave ideal para a práctica desta modalidade deportiva tan dura e máxica, poucas comarcas reúnen tantos e tan bos ingredientes: montaña infinita, estradas recentemente acondicionadas con portos cativadores… e un tráfico rodado case inexistente.

Non é posible atopar unha comarca máis singular que Os Ancares. Situada na fronteira entre Galicia e León, a vida neste lugar transcorre inexorablemente vinculada ao vasto territorio que a define: fortes pendentes, amplos vales, unha importante riqueza forestal e unha constelación de pequenos pobos diseminados no contorno.

Os cumes, míticas para a memoria dos afeccionados galegos e leoneses ao montañismo, e os vales amplos, con fermosas paisaxes e sucados polos leitos de ríos e arroios, únense a unha peculiar arquitectura popular, aos restos históricos existentes e a un ritmo de vida en comuñón coa natureza que fai dos Ancares unha experiencia xenuína.

Vestixios do pasado, das loitas entre o Imperio Romano e os poboadores celtas que se refuxiaron nas montañas, son os numerosos castros que salpican as zonas altas da orografía dos Ancares.

Do mesmo xeito, o seu histórico illamento, debido ás dificultades orográficas e climáticas, dificultou enormemente a comunicación cos núcleos de poboación máis grandes, pero, ao mesmo tempo, favoreceron a permanencia das súas tradicións e a preservación da súa arquitectura popular, entre a que destacan as pallozas e os hórreos. Con todo, no seu punto máis oriental, O Cebreiro, é tamén unha área de contacto coas diversas culturas que durante séculos trouxo a Galicia o Camiño de Santiago.

Finalmente, os seus valores ambientais e paisaxísticos son indiscutibles: un territorio cargado de beleza que é necesario poñer en valor sempre baixo a esixencia dun turismo responsable.

Ancares 2021 07744 2 scaled 1
Ancares 2021 07746 scaled 1
Scroll to Top